Para quentar motores:
Antes de tomar a decisión sobre a idea de negocio, hai que botar unha ollada ás ideas que xa están “funcionando”. Para iso preme nos apartados A e B (vídeos procedentes de emprendedorestv.com e banespymes.org):


A) Vídeos de emprendedores galegos non relacionados coa automoción:

PORTO-MUÍÑOS, algas
RODMAN, astaleiros
LINAMAR, marisco
PHARMAMAR, farmacéutica
LADDES WORK, aeronáutica
BLUSENS, electrónica
ACTIVIDADE 1: contesta no teu wiki: despois de ver os anteriores vídeos:
-Dí cal pareceuche máis interesante e o motivo.
-¿Qué características persoais atopas nestes emprendedores? Dí ao menos 3.


B) Vídeos de emprendedores relacionados coa automoción:

MOTOR LLAVINA, concesionario coches
FICOSA, I+D+I
BESTLAP F1 EVENTS, percorridos en circuito F1
APC SYSTEMS, cascos con airbag para motos
ANTOLÍN, compoñentes
RIEJU, motos
GAS GAS MOTOS
OFICAR, lavado coches (Vídeo de YouTube)
ACTIVIDADE 2: contesta no teu wiki: despois de ver estes vídeos relacionados co sector da automoción:
-Dí cal pareceuche máis interesante e o motivo.
-Dí unha idea de negocio que se che ocurra a partir do que aparece nos vídeos.

C) As seguintes páxinas son bancos de ideas. Nelas podes atopar todo tipo de datos sobre ideas que xa convertéronse en empresas que están funcionando:


bicgalicia.es
------------------bibliotecavirtual.iiesa.es
ACTIVIDADE 3: contesta no teu wiki: despois de repasar estes dous bancos de ideas:
-Dí 3 ideas non relacionadas coa automoción de cada un dos dous bancos e o motivo do seu interese.
-Dí 3 ideas relacionadas coa automoción de cada un dos dous bancos e o motivo do seu interese .


D) Opcionalmente, se non quedaches saturado de vídeos, podes ver os seguintes 3 vídeos procedentes da páxina web da Junta de Andalucía, que sitúan o tema de emprender en España e presentan opinións de estudantes de F.P. sobre a iniciativa emprendedora: Preme aquí


ACTIVIDADE 4: contesta no teu wiki: Agora que xa vimos o que fixeron outros, imos facer unha lista de 3 ideas de negocio relacionadas coa automoción, expondo 2 vantaxes e 2 inconvenientes de cada unha delas.

ACTIVIDADE 5: contesta no teu wiki: Sopesamos as 3 ideas coas súas vantaxes e inconvenientes e eliximos unha, que será nosa idea de negocio. Expón as razóns polas que descartas as outras dúas.

ACTIVIDADE 6: contesta no teu wiki: Fai un mínimo de dous dos seguintes tests sobre aptitudes emprendedoras e escribe o resultado de cada un dos socios:
Apartado E)
camarazaragoza.com
---gestiopolis.com
gipe.ua.es
---documentos.060.es
madrid.org



Arrancando:
F) Xa estamos en condicións de iniciar o noso plan de empresa. Nos seguintes enlaces podes realizar o teu plan on line. Bótalles unha ollada:
ipyme
bicgalicia

G) E aquí tes unha bonita presentación dun proxecto empresarial feita por varias estudantes. Seguro que ves algo interesante:
educared

H) Todo o anterior pode servirche para extraer algunha idea. Pero para simplificar o traballo imos seguir o modelo de plan de empresa que atoparás na sección Modelo. Descárgacha xa. Deberás ir cubrindo todos os seus apartados segundo avanzamos etapas. Posteriormente poderás cambiar a presentación ou engadir ou reestructurar apartados, se o desexas.
IMPORTANTE: Coida a ortografía e a forma de expresarche.


¡A todo gas!
Imos empezar cubrindo a páxina 3 do modelo. Deixa sen cubrir os apartados que están en cor marrón, xa os farás máis adiante.


1. CONCRECIÓN DE IDEAS

Nome da empresa:
Localización:
Data inicio actividades:
Tipo de empresa:
Explica a actividade a desenvolver:

Explica brevemente a actividade económica da empresa, expresando:
-os principais produtos/servizos que vanse ofrecer.
-o tipo de clientes (segmento de mercado) aos que nos diriximos e as súas necesidades.
-as diferencias respecto á competencia (por qué o noso produto/servizo é mellor ou máis barato).

Cómo xurdiu a idea:

A orixe pode estar nas nosas competencias e aptitudes, aficións, observación da realidade.....
Un exemplo de observación: (Lembra: non vale facer “corta e pega”) recentemente un dos socios tivo que buscar un taller para arranxar o seu coche/moto, e as dificultades e o tempo perdido en varios deles ata solucionar o problema lle fixeron decatarse da existencia dun nicho de mercado (oco para o noso negocio) xa que na bisbarra non hai/hai poucas empresas dedicadas a esta actividade tendo en conta as cifras de poboación. Existe unha necesidade insatisfeita por parte dos clientes que pretendemos cubrir.
Podes facer referencia ás 3 ideas que apuntaches antes e o motivo polo que decidiches seguir adiante cunha delas (Actividade 3).


Número de traballadores previstos: 1 (mínimo) Número de socios: 2-3

C.N.A.E: Para localizalo, preme aquí Epígrafe I.A.E: Para localizalo, preme aquí
Máis información sobre o I.A.E. aquí



Cifras do proxecto: Este apartado é moi importante: permite saber a cantidade total que hai que aportar para poñer en marcha a empresa, a parte que xa posúen e aportan os socios (recursos propios) e a parte que necesitan acadar (recursos alleos). Observa o seguinte exemplo :

Inversión:

90000 €

Recursos propios:

30000 €

Recursos alleos:

60000 €