3.- RECURSOS HUMANOS

A) Toda empresa ten que organizar o traballo, polo que cómpre facer unha lista das tarefas que é necesario realizar, así como a persoa/persoas que farán cada unha de elas.

ACTIVIDADE 7: contesta no teu wiki:Fai unha lista de tódalas tarefas da túa empresa. Exemplo: levar as contas. Tes axuda na páxina 32-33 do libro de AXCE

ACTIVIDADE 8: contesta no teu wiki:Relaciona cada tarefa cun área funcional da páxina 31 do libro de AXCE.
Exemplo: a tarefa de levar as contas relaciónase coa área funcional de Contabilidade.

B) Agora temos que asignar as tarefas. Para axudarche a saber cales son as tarefas que van mellor coa túa personalidade fai o seguinte test de aptitudes e tamén o test que pasarei na clase.


ACTIVIDADE 9: contesta no teu wiki:
-Escribe o resultado obtido por cada membro do equipo nos dous tests anteriores.
-Segundo este resultado, reparte a lista de tarefas entre os socios e empregados da empresa.



Organización:
Áreas funcionais que terá a empresa e socio ou empregado que se ocupará de cada unha (se a empresa é moi pequena podemos agrupar varias áreas).
Pasa aquí o reparto feito na Actividade 9




ACTIVIDADE 10: contesta no teu wiki:Fai a representación gráfica (organigrama) do que puseches no apartado Organización da plantilla.
Inclúe o organigrama no anexo 1,
cos nomes das persoas o dos postos, funcións e tarefas das que fanse responsables. Se queres facer o organigrama con Word tes un manual aquí.
Tamén podes probar a facelo cunha ferramenta on line aquí.

C) Na actividade 9 quedou feito o reparto de tarefas. Agora ímonos centrar nas tarefas asignadas aos futuros empregados: ¿qué tarefas son esas? ¿qué coñecementos se requiren para facelas? ¿qué experiencia se necesita?.
Para contestaren a estas e a outras preguntas hai que facer unha ficha que recolla o perfil do posto que queremos cubrir e o perfil do candidato para cubrir ese posto.


ACTIVIDADE 11: contesta no teu wiki: fai a seguinte ficha, unha por cada posto a cubrir. Recorda que non vale facer “corta e pega” co exemplo:

PERFIL DO POSTO
Título do posto: xefe de almacén
Área funcional: Compras
Tarefas a realizar:
-Gestión de stocks
-Recepción de mercancías e colocación en estanterías
-Facer os pedidos aos provedores

PERFIL PROFESIONAL
Título requirido: Técnico Superior F.P.
Idade:
Horario semanal: 8:00-15:00h, L a V
Salario bruto mensual: 1350€
Coñecementos:
-Sistema informático do almacén
-Manexo do montacargas
Experiencia previa:
Mínimo 2 anos en empresa similar
Personalidade:
-Responsable
-Ordenado
-Que lle guste traballar en equipo

Se queres unha boa axuda para realizaren esta ficha, preme aquí

Selección: Perfil dos postos que se crearán e cómo se fará a selección de persoal:
Perfil dos postos: Pasa aquí os datos dos perfís dos postos realizado na Actividade 10.
Selección de persoal: exemplo: a captación de candidatos farase a través de anuncios nos xornais/E.T.T/Servicio galego de Emprego/Bolsa de emprego de instituto....Os candidatos captados serán sometidos as seguintes probas: Tests/Probas profesionais/ Entrevistas....

Contratación: Tipos de contrato elixidos e motivo polo que se elixiron:
Para “refrescar” os tipos de contratos e as súas características podes consultar o tema 2 do libro de F.O.L. Tamén podes consultalos aquí.

O motivo: pode ser, entre outros, a duración do contrato, as subvencións, o menor salario ou o menor custo do despedimento (xustifica o caso concreto).




Os diferentes postos de traballo encádranse en distintas categorías profesionais. As categorías más habituais nunha pequena empresa/microempresa como a nosa son:

DESCRICIÓN
CATEGORÍAS PROFESIONAIS
Precisan coñecementos especializados, avalados por un título ou pola súa experiencia profesional
Técnico
Postos de execución que precisan de coñecementos especializados
Especialista, oficial
Postos de execución que non precisan de coñecementos especializados
Auxiliar, operario, mozo, peón

ACTIVIDADE 12: contesta no teu wiki: Tendo en conta a táboa anterior, asigna unha categoría profesional a cada un dos perfís dos postos realizado na Actividade 11


D) ¿Canto nos costa un traballador ao mes? Ademáis do salario bruto temos que pagar as cotas á Seguridade Social. A suma chámase custo salarial mensual.
Calculemos este custo coa axuda dos tipos de cotización e da tarifa de primas de cotización por A.T. e E.P.

EXEMPLO:
Traballador con contrato de duración determinada a tempo parcial que traballa nunha empresa textil (fabricación tellidos de punto), cun salario bruto mensual de 900 €
¿Cál é o custo salarial mensual para a empresa?

1) BASE DE COTIZACIÓN


Paga extra x2= 1800


:12= 150


+salario bruto=1050


2) PORCENTAXES


CONTINXENCIAS COMÚNS (1)


23,6%


DESEMPLEO(2)


7,70% (contrato duración determinada tempo parcial)
FOGASA(2)


0,2%
F.P. (2)


0,6%
CONTINXENCIAS PROFESIONAIS
(A.T. e E.P.) (2)


1,55% (17.6 Fabricación tellidos de punto)


PORCENTAXE TOTAL


32,25%


(1) Aplícase a base de cotización por continxencias comúns
(2) Aplícase a base de cotización por continxencias profesionais. Se estas dúas bases non son iguais (cando hai horas extras), hai que sacar da suma as continxencias comúns e calculalas aparte.
3) COTA DA S.S. A CARGO DA EMPRESA


BASE DE COTIZACIÓN


PORCENTAXE TOTAL


COTA S.S. DA EMPRESA


1050


32,25%


338,62



4) COSTE SALARIAL MENSUAL


SALARIO BRUTO


COTA S.S. DA EMPRESA


COSTE SALARIAL


900


338,62


1238,62


ACTIVIDADE 13: contesta no teu wiki: Agora ti. Calcula o custo salarial mensual de cada un dos traballadores contratados seguindo os 4 pasos do exemplo anterior.


Asalariados
CATEGORÍA PROFESIONAL
TIPO
CONTRATO
SALARIO
BRUTO
MENSUAL (A)
S.S A CARGO EMPRESA (B)
CUSTO SALARIAL MENSUAL
(A+B)
TOTAL
ANUAL (A+B)x14
Pasa aquí o feito na Actividade 10

Act. 10
Act. 10
Act. 10



















Custo Total Asalariados


Socios: Se o socio é contratado pola empresa como traballador por conta allea, cúbrese igual ca táboa anterior. Se o socio cotiza como autónomo, o custo da S.S.vai incluído no seu soldo bruto mensual. Neste último caso ten en conta o que cotizarás á S.S. como autónomo para fixar o teu soldo bruto mensual.
TAREFAS
ÁREA FUNCIONAL
SOLDO
BRUTO
MENSUAL (A)
S.S A CARGO EMPRESA (B)
CUSTO SALARIAL MENSUAL (A+B)
TOTAL
ANUAL (A+B)x14
























Custo Total Socios